Axuda de Mastodon
Introdución
Mastodon é unha innovadora plataforma de microblogging similar a Twitter o Tumblr libre e baseada no self-hosting. O seu desenvolvemento foi comezado en 2016 por Eugen Rochko e dende entón Mastodon non parou de atraer novas usuarias e comunidades que buscaban unha contorna social independente da lógixa de grandes empresas e censura.
Mastodon non é un clon de Twitter. A súa concepción, estrutura e funcionalidades fan del algo totalmente distinto e moito máis interesante!
Esta páxina é unha introdución aos conceptos e funcionalides básicos de Mastodon que deberías saber para comprender totalmente como funciona Mastodon. Está composta por unha serie de capítulos independentes aos que podes saltar dende o Índice (no enlace da parte superior esquerda) pero tamén pode ser lido como un único texto.
Este sitio tamén aloxa un Motor de busca de instancias que podes usar para encontrar a instancia de Mastodon que mellor se axuste as túas necesidades.
Que é Mastodon?
Mastodon non é unha rede social
Non hay tal cousa como unha rede social chamada Mastodon! Máis ben, hai miles de redes sociales independentes chamadas Instancias de Mastodon.
Cada Instancia ten o seu propio servidor, comunidade, normas, administradoras e moderación.
Dende cada Instancia de Mastodon é posible interactuar con usuarias doutras Instancias. Funciona exactamente igual que o correo electrónico (podes mandar un correo electrónico dende Gmail a Yahoo, certo?). Isto é porque todas as Instancias poden ser interconectadas entre sí.
Cada administradora de Instancia pode elixir silenciar ou bloquear completamente a unha usuaria da súa ou doutra Instancia, pero tamén bloquear outra Instancia ao completo (por exemplo porque ten mala moderación e permite trolls).
Entón que é Mastodon?
Cando falamos de “Mastodon” referímonos a toda a rede de Instancias de Mastodon pero tamén á tecnoloxía que as Instancias comparten.
Unha boa forma de describir a rede é dicir que Mastodon é unha “galaxia de redes sociales interconectadas baseadas nunha plataforma común”.
Quen é dona de Mastodon?
Todas! Xa que mastodon é unha plataforma Libre e de código aberto, calquera pode usalo, modificalo e instalalo no seu propio servidor. Esta é a filosofía básica do software libre: compartir software útil que calquera pode usar libremente e colaborar para melloralo.
Os teus datos personales están almacenados na Instancia que elixiste. Esto significa que só as administradoras da instancia poden ter acceso a estes (como en calquera plataforma social).
A Instancia
Correndo unha Instancia
Calquera que teña un servidor e suficientes habilidades para xestionalo pode crear a súa propia Instancia. O software de servidor de Mastodon é totalmente Libre e de Código Aberto (FOSS, en inglés), pero manter un servidor e comprar un nome de dominio ten algúns costes. Tamén toma algún traballo manter e moderar unha Instancia. Dependendo da configuración técnica e a cantidade de usuarias da Instancia, executarla pode costar entre uns centos de euros ó ano a varios miles.
Moitas Instancias son mantidas a base de micromecenazgos (crowdfunding, en inglés) pero tamén é posible que algunhas pidan unha cota ou outro apoio económico para manterse.
Mastodon naceu como unha plataforma libre de publicidade. Por esta razón, instancias que fináncianse con publicidade serán silenciadas ou bloqueadas por moitas outras.
Elixindo a Instancia
Como cada Instancia é completamente independente, cada Instancia pode ser moi diferente das outras.
Se rexístraste nunha instancia mantida por unha comunidade francesa vegana podes esperar que a maioría das usuarias falen francés, e publicar imaxes de barbacoas e carne poda ser considerado ofensivo.
De igual mono, se te anotas nunha Instancia mantida por unha comunidade relixiosa británica, as usuarias comunicaranse en inglés, e imaxes de barbacoas serán benvidas, pero publicar fotos de xente desnuda pode ser un problema.
Elixir a instancia que mellor se axuste as túas necesidades é a mellor forma de acceder á galaxia Mastodon.
Podes elixir unha Instancia por língua, políticas de moderación, visións políticas ou calquer outro criterio. En calquera caso, canto máis cómoda te sentas na túa Instancia, mellor.
Unha Instancia ben xestionada terá as súas políticas claramente escritas na súa páxina principal e tamén publicará la lista de Instancias bloqueadas ou silenciadas.
É extremadamente importante que te rexistres nunha Instancia onde as administradoras compartan a túa língua, cultura e, posiblemente, as túas ideas políticas: dese modo poderás comunicarte con elas máis fácilmente.
Non teñas medo a probar tantas Instancias como queras: sempre podes borrar as túas contas despois, enlazalas entre sí ou incluso conservalas todas! O ceo é o límite!
As Instancias pequenas e medianas son mellores
Hai miles de Instancias de Mastodon diferentes. Hai Instancias con só 5 usuarias pero tamén Instancias con máis de 100.000 usuarias.
Unha Instancia así é mastodon.social. É a instancia creada e mantida polo creador de Mastodon, pero iso non significa que deba considerarse unha Instancia “oficial”, porque ningunha instancia ten máis privilexios que outra.
O problema con esas instancias xigantes é que, ao non estar conectadas a unha comunidade ou identidade específicas e sendo a súa moderación máis complicada, tenden a replicar algúns dos comportamentos das grandes redes sociais comerciais respecto ó comportamento das usuarias.
Como exemplo: se no teu país eres parte dunha minoría ameazada e estás rexistrada nunha Instancia xigante e outra usuaria do teu país acósate, será complicado para as administradoras comprender que tí es a acosada! Ao contrario, se estás rexistrada nunha Instancia adicada a túa comunidade, será máis sinxelo para a administradora intervir rápidamente.
Esta é só unha das razóns polas que a rede Mastodon funciona mellor conectando moitas Instancias pequenas e medianas en vez de depender dunhas poucas xigantes.
Por todas esas razóns, nesta páxina web non listamos esas grandes Instancias por defecto nas nosas suxerencias.
Interaccións e cámaras de eco
Dadas as posibilidades de que usuarias e administradoras teñan que bloquear outras usuarias e Instancias, un podería argumentar que Mastodon é unha rede chea de pequenas comunidades que non falan entre sí e íllanse nas súas cámaras de eco.
Si ben esto é técnicamente posible, a verdade é moi diferente e de feito en Mastodon hai unha enorme variedade de comunidades que é raramente vista na maioría de redes sociais.
Básicamente, cada Instancia pode interactuar con todas as outras e despois decidir cerrar algunhas desas conexións. Iso depende da comunidade que xestiona esa Instancia, a súa cultura e mente aberta. Unha comunidade coa mente pechada que non respecta diferentes persoas ou estilos de vida bloqueará fácilmente e será bloqueada doutras Instancias. Por outra banda, unha instancia xestionada por xente de mentalidade aberta que quere falar respetuosamente con outros nunca será bloqueada por outras instancias coa mente aberta.
Dende os seus inicios, Mastodon foi adoptada por varias comunidades con valores antifascistas, antirracistas, antisexistas, pro-LGBT, antihomófobos e antitránsfobos e co tempo atraendo outras comunidades que promoven a ecoloxía, dereitos dos animais, vexeterianismo e veganismo, e tamén grupos minorizados, de dereitos humanos etc. Por tanto, racistas ou intolerantes serán seguro bloqueados da maioría de Instancias e se executan as súas propias Instancias, estas Instancias poderán ser fácilmente illadas pola maioría das existentes.
Modificación e personalización de software basado en Instancia
Xa que o software de Mastodon é libre (se eres un nerd, podes atopar o código aquí), cada administradora pode facer pequenas modificacións a este. Por exemplo, algunhas instancias permiten a unha usuaria publicar toots máis largos dos 500 caracteres por defecto. Tamén, algunhas Instancias poden elixir non utilizar certas funcionalidades como etiquetas de tendencia.
Dereitos de autor
Cada Instancia é totalmente independente e ten as súas políticas e termos de servizo. Por tanto, cando publicas algo en Mastodon, o teu contido é gardado no servidor da túa Instancia e cada Instancia o xestionará dun modo distinto, según as súas normas.
Se queres usar Mastodon para promover a túa arte ou, por algunha outra razón, queres ter certas garantías polo teu contido, deberías elixir unha Instancia especializada niso.
En calquera caso, debido á natureza federada de Mastodon, o teu contido pode acabar noutras Instancias que o poden xestionar de maneiras distintas.
Pola mesma razón, se as administradoras da túa Instancia eliminan unha das túas publicacións, unha copia desta pode seguir presenta noutras Instancias.
O software
Mastodon en teléfonos intelixentes
Todo o mundo ten unha dirección de correo electrónico, pero como podes ver non hai unha aplicación de e-mail “oficial”. Non obstante, podes acceder ó teu e-mail dende o teu navegador web ou utilizando unha das moitas apps de email. Do mesmo modo, non hai App oficial para Mastodon (e sempre podes usar o teu navegador web!).
En Android tes moitas alternativas, as máis destacables sendo Tusky, Fedilab e Subway Toot. Podes descargalas dende o Google Play ou de F-Droid, unha alternativa libre ás tendas de aplicacións.
En iOS tes unhas opcións similares, con Amaroq, Toot! e Mast sendo as apps máis estendidas.
Cada App é lixeiramente diferente das demáis e terá os seus pros e contras, polo que terás que probalas por tí mesma e ver cal se axusta mellor a tí, igual que coas Instancias de Mastodon!
Ten en conta que algunhas destas Apps, como Toot e Mast non son libres!
Cada App pode engadir ou ocultar funcionalidades. Por exemplo, algunhas delas teñen botóns de tradución e outras indicadores de bots.
Mastodon no escritorio
A forma habitual de acceder a túa Instancia dende o teu ordenador é índo á páxina principal da Instancia dende o navegador. Pero tamén hai aplicacións de escritorio para Mastodon como
- Whalebird (Linux, Windows, OSX)
- Tootle (Linux)
- TheDesk (Linux, Windows, OSX)
- TheDesk (Linux, Windows, OSX)
Tamén hai interfaces alternativas! Unha interfaz é unha páxina web na que podes ingresar usando a túa conta de Mastodon pero que non te mostra o aspecto que comúnmente ten a páxina de inicio: todas as cores, botóns e menús son diferentes, e quizais atopes que son mellores ou máis fáciles de usar que os orixinais.
As aplicacións e frontends tamén poden engador, ocultar ou personalizar certas funcións, en comparación coas que atoparás cando accedas á túa instancia dende a páxina principal. Por tanto, as veces é posible atopar consellos ou instruccións que non son aplicables se as usas non desde a páxina principal, si no dende a Aplicación ou frontend.
Usando Mastodon
Conta de Mastodon
Unha conta de mastodon fórmase dalgunha forma como unha conta de correo:
@nome@instancia
Moitas novas usuarias cren que o seu nome de usuaria é só a parte @name pero esa parte soamente é inutilizable, coma unha dirección de correo-e sen o que está escrito despois do @.
Se mencionas a alguen en Mastodon só por @nome, o programa habitualmente asume que o contacto está na mesma Instancia na que tes sesión iniciada. Por tanto, se a persoa está nunha Instancia diferente e non escribes o @instancia, premendo no @nome resultará nunha ligazón rota ou levarate a alguén co mesmo nome na túa Instancia.
Algunhas Aplicacións corrixen este comportamento, así que compróbao.
Idioma e traducións
Como todas as plataformas dixitais, Mastodon tamén renomea funcionalidades que outras plataforma chaman de forma diferente.
Por exemplo, as publicacións, ou mesaxes, que en Twitter chámanse “chíos” en Mastodon chámanse “toots”. Unha publicación compartida en certas plataformas chámase “repost” ou “rechouchío” mentres que aquí chámase “impulso”.
Xa que podes acceder a Mastodon dende diferentes Apps e frontends desenvolvidos por persoas diferentes tamén é posible que certas funcionalidades se chamen ou traduzan de forma distinta. Por exemplo, o que nunha app chámase “mesaxes directas”, en outra chámase “mesaxes privadas”.
Tres cronoloxías
En Mastodon tes tres cronoloxías diferentes
- Inicio coma en Twitter, mostra todas as publicacións de toda a xente á que segues en todas as Instancias;
- Local: mostra todas as publicacións de membros da túa Instancia;
- Federada: mostra todas as publicacións de membros da túa Instancia e tamén as publicacións de xente en outras Instancias que son seguidas por xente da túa Instancia.
En todas as cronoloxías móstranse as publicacións en orde cronolóxica. Isto significa que non hai algoritmo, cantidade de estrelas ou outros factores que inflúen na cantidade de veces que verás unha publicación. Unha publicación pode ser promovida (“rechouchiada”) pero iso é todo.
Buscando cousas
En moitas Instancias, se buscas algo na caixa de busca de Mastodon, só atopará usuarias ou #cancelos. Un sistema de busca máis potente será implementado nun futuro próximo.
A caixa de busca non explora o Fediverso enteiro, só a porción deste ó que está conectada a túa instancia. Por tanto, se buscas unha usuaria só buscará entre todas as usuarias da túa instancia e das instancias ás que está conectada, pero non desas de instancias ás que non estás conectada. Se buscas un cancelo non mostrará todas as publicacións de todas as instancias existentes conténdoo pero só as publicacións publicadas por usuarias que a túa instancia coñece.
Onde están as tendencias?
A función de Twitter chamada “tendencias” atopa a súa contraparte en Mastodon: os “cancelos de tendencia”. Cando os “cancelos de tendencia” están activos, as administradoras os revisan para asegurarse que non están sendo usados como ferramentas de abuso. O importante é que esta función é totalmente optativa: a implementación das etiquetas tendencia nunca Instancia dependen da decisión da súa administradora e a súa comunidade; de feito, moitas instancias non a activan, co que elimínase a presión sobre as usuarias de participar en certas discusións en vez de outras. Mastodon é un lugar onde podes falar con xente sen ter que saber por un taboleiro de “temas en tendencia” que certo tema é máis importante que aquel do que realmente queres falar.
Non “rechouchiar e comentar”
A función “promover” non ten unha opción “comentario” como o botón “rechouchío e comentario” no Twitter.
Isto é por deseño, porque é unha funcionalidade que é utilizada principalmente para acosar xente e leva a falar sobre un tema pero sen interacción directa. Sí, o sabemos, tamén ten usos lexítimos, pero a idea aquí é preferir interaccións reais que boosts.
Enlazando un toot
Se queres suxerir a alguén leer certo fío en Mastodon, podes impulsalo ou interactuar con este directamente no fío e mencionar a conta da persoa que queres que se unha á conversa.
Tamén podes facer referencia a unha publicación copiando a súa URL e pegándoa nunha publicación de teu. Tamén está ben, pero lembra que pode funcionar correctamente só en escritorio e certas Apps. Noutras Apps, premer no enlace levará á usuaria da App ó navegador.
Lista de seguidoras “oculta”
Cando comprobas o perfil doutra usuaria verás o número de persoas que a seguen e son seguidas por ela, pero se premes nese número non podes ver a lista entera de persoas. En cambio, só podes ver algunhas delas: as que xa coñeces ou son membros da túa Instancia.
Isto é por deseño, sendo unha característica anti-acoso.
Probemos na vida real: na realidade non vas coa lista das túas amigas colgada do pescozo, non?
Pero entón, se non podes descubrir novas persoas vendo quen segue a quen, como podes atopar e coñecer nova xente en Mastodon? Pois falando, socializando e comentando cousas. Cando as túas amigas impulsan publicacións, estás presentándolle a todas as túas amigas. Mastodon enfatiza a socialización humana real en vez de a exploración de perfís estilo-espionaxe.
A privacidade da publicación
Cando publicas unha mesaxe (toot) podes elixir entre catro tipos de publicación
Pública: a túa publicación é pública, aparece nas cronoloxías públicas e calquera pode velo. As publicacións públicas son recoñecibles por unha icona do globo.
Non listado: a túa publicación segue sendo pública pero non aparece nas cronoloxías. A xente pode lelo só si son mencionadas nel ou si van o teu perfil e navegan polas túas publicacións. As publicacións non listadas son recolecibles por unha icona dun cadeado aberto.
Só seguidoras: a túa publicación é medio-pública porque só as túas seguidoras o verán. Nos seus ollos aparece como unha publicación normal. As publicacións só seguidoras son recoñecibles por unha icona dun cadeado pechado.
Directo: a túa publicación é privada e só visible polas persoas mencionadas nel. As publicacións directas son recoñecibles pola icona dun sobre.
De calquera maneira, lembra que Mastodon está deseñado para compartir interaccións e non para privacidade: as administradoras da túa Instancia poden ler todas as túas mesaxes, incluíndo as directas, como en calquera outra gran rede social.
Para mesaxes cifradas hai outras plataformas máis específicas.
Fíos e ramificacións
Un fío pode evolucionar nunha clase de “árbore” porque a xente responde e re-responde a publicacións diferentes. Na seguinte imaxe ves un fío que, dunha soa publicación, evoluciona a catro ramas diferentes:
As usuarias de Twitter están acostumadas a iso pero cando chegas de plataformas diferentes (ex. Facebook) isto pode ser un pouco confuso.
Moverse polas ramificacións
Se queres ler un fío que está altamente ramificado, o concepto máis importante de entender é que cando unha publicación está seleccionada, o fío é reorganizado para mostrar só a rama que empeza no primeiro toot e chega ó seleccionado, e todas as publicacións e ramas que seguen á publicación seleccionada.
Poñamos algún exemplo. Se queres ler o fío mostrado na imaxe superior e seleccionas o primeiro toot, todas as seguintes publicacións serán arranxadas en orde cronolóxica (ver a imaxe inferior).
Agora presta atención: se elixes o fío seleccionando a publicación nº 2, aínda verás todas as publicacións seguintes en orde cronolóxica, pero non verás a ramificación previa (o subfío contendo as publicacións 2a e 3a).
Ademáis, se elixes a última publicación (nesta imaxe a publicación 7c) verás todas as publicacións anteriores en orde cronolóxica, pero excluíndo todos os outros sub-fíos.
Mudarse a outra Instancia
Se queres cambiar de Instancia é posible transferir todos os datos (incluíndo publicacións, seguidoras e lista de usuarias bloqueadas) á nova.
As Instancias que usan versións máis antigas do programa Mastodon teñen un método de transferencia distinto. Por iso, antes de migrar a túa conta comproba se ambas Instancias están actualizadas. Doutro modo o proceso só funcionará parcialmente.
A primeira cousa que hai que facer é crear unha conta na nova Instancia.
A transferencia de datos é feita a través de varios pasos (algúns non son obligatorios e por tanto sempre podes elixir o que transferir á nova Instancia): informar a ambas Instancias sobre a existencia da outra conta e confirmar que eres a dona e logo transferir as túas seguidoras. Tras iso, podes exportar da antiga Instancia outros datos como publicacións, a xente que segues, a que has bloqueado, as Instancias que has bloqueado e logo podes importar todos eses datos na nova conta. Por último pero non menos importante, é posible configurar unha redirección entre a conta antiga e a nova para que a xente que busque a túa conta antiga sea redirixida á nova. Tras a transferencia debes esperar algún tempo para gañar permiso da túa Instancia para transferir a túa conta outra vez.
A idea é que cando migras a túa conta podes elixir entre varias opcións: manter a conta antiga pero redirixir as usuarias á nova, eliminar completamente a antiga e transferir soamente as túas seguidores...
Isto é feito en Axustes baixo “Importar e exportar”
As desenvolvedoras de mastodon están mellorando os métodos de migración pero de calquera maneira é un proceso delicado que toma certo tempo.
Advertencia de Contido
Mastodon ten un sistema de Aviso sobre Contido. É unha máscara opcional que cobre o contido dunha publicación cunha mesaxe de aviso editable.
É usada para cubrir contido que é admitido pola túa Instancia pero pode facer dano a xente, como spoilers, desnudos, violencia ou ameazas sobre temas sensibles.
Por exemplo, se queres comezar un fío sobre o final dunha película nova, podes facer iso usando un Aviso de Contido como “Spoiler sobre o final de...”
Cada instancia ten as súas propias regras sobre ACs e por tanto é común velos usados de diferentes maneiras, como en autorretratos ou imaxes de comida. Iso é porque o que nunha instancia considérase contido sensible, noutra instancia pode ser comúnmente aceptado. É posible que unha Instancia é bloqueada por outras pola mala utilización de ACs en certos temas.
Dito eso, sempre podes ir á páxina de Axustes e descubrir automáticamente todos os ACs.
Moderación
Acoso e moderación
Mastodon é famoso pola súa contorna anti-acoso non porque non haxa (iso é imposible) senon porque a súa estructura e ferramentas de moderación permiten unha serie de accións eficientes e inmediatas contra contas malas ou Instancias e porque a maioría de Instancias son mantidas por comunidades que activamente traballan para manter o contorno de Mastodon un lugar tolerante. Moitas comunidades axudan, informan e avisan a outras cando identifican unha Instancia mantida por xente que incita ó odio. Tendo administradoras e moderadoras para cadainstancia, o ratio entre usuarias normales e moderadoras é extremadamente alto. Tamén lembra que cada Instancia ten a súa propia política baseada na cultura da comunidade, ética e visións políticas. A moderación é sempre un acto político e reclamar unha imparcialidade total significa tomar o lado do status quo.
Bloquear e silenciar
Se as administradoras de Instancia1 bloquean Instancia2, as usuarias de Instancia1 non poden interactuar con usuarias de Instancia2.
Se as administradoras de Instancia1 silencian, as usuarias de Instancia1 poden de xeito privado seguir e interactuar con usuarias de Instancia2, pero esas interaccións (como promocións) non serán vistas por outras usuarias de Instancia1.
Para ser máis claros: bloquear é usado para Instancias que permiten cousas e comportamentos horribles, mentres que silenciar é usado por Instancias que a túa Instancia tolera pero non aprecia tanto.
A mesma cousa aplica ás usuarias.
Tí tamen, como usuaria individual, podes decidir bloquear ou silenciar – para tí – a outras usuarias e Instancias enteiras.
Por favor nota que aínda se Instancia2 é bloqueada, é posible que as súas usuarias vean certos contidos de Instancia1. Formas máis efectivas de bloqueo están en desenvolvemento.
Mastodon e Twitter
Mastodon no é Twitter...
En Mastodon non recibirás notificacións como “a 40 persoas gustoulles a publicación que promoviste” ou “Xoan está publicando sobre isto” ou “Laura e Miguel están agora seguindo a Hannah”.
Ningúen te di o que “tes que” ler ou a quen “tes que” seguir.
A ninguén lle importa tanto o “éxito” da publicación.
Non hai medallas azules para contas verificadas.
Eres informada sobre a canta xente “gustoulle” o promoveu a túa publicación, e só iso.
Para coñecer cantas veces certa publicación foi promovida ou “gustada” debes premer en iso. Pero non hai tanto énfase en iso e a ninguén realmente lle importa.
O que é importante, aquí, é interactuar en conversas reais e... a quen lle importa os “puntos” recibidos de xente coa que non interactúa?
Segues todavía na mentalidade Twittera?
Aínda estás buscando os Temas en Tendencia que impoñen a todo o mundo o tema de conversa obligatorio de hoxe?
Aínda buscas “xente á que seguir” en lugar de “xente coa que interactuar”?
Aínda queres perder o tempo con guerras de cancelos en vez de facer algo real?
Aínda buscas gratificación emocional e social no número de rechouchíos que recibes?
Aínda xuzgas unha publicación según o número de “agrádame” que recebe?
Aínda escribes publicacións molonas que obteñen “agrádame” en lugar de escribir cousas interesantes que estimulan a conversa e a interacción?
Si é así, presta atención: aínda hai moito Twitter dentro de tí! E toma certo tempo curarse... 😉
Conectar Mastodon e Twitter
Aínda podes manter certa relación coa túa anterior conta de Twitter usando servizos de publicación cruzada.
Hai servizos como ifttt.com, masto.donte e moa.bridge que conectan a túa conta de Twitter coa de Mastodon. Con estes servizos podes publicar os teus chíos en Mastodon e/ou os teus toots en Twitter.
Suxerimos encarecidamente que só uses a segunda opción porque, centrándose en interaccións reais, unha conta de Mastodon que simplemente é un bot de Twitter que non responde é fácilmente bloqueado por moitos.
Moitas instancias teñen normas severas sobre o uso de publicadores cruzados, especialmente porque se os usas de Twitter a Mastodon, a túa conta de Mastodon pode considerarse un bot e os bots as veces son fortemente regulados. Así que comproba a política da túa Instancia antes de usalos.
Se queres mencionar a unha usuaria de Twitter nun toot publicado a Twitter e queres o seu nome de usuaria clicable por usuarias de Mastodon e Twitter, debes escribilo da seguinte maneira:
https://twitter.com/nomedeusuaria
Federación
O Fediverso
Todas as Instancias de Mastodon que xuntas forman a “Galaxia Mastodon” forman parte de algo moito máis grande chamado o Fediverso.
Aparte de Mastodon hai moitas plataformas libres máis. Algunhas delas como Pleroma ou Misskey tamén son similares a Twitter, pero outras son moi diferentes
- Pixelfed é similar a Instagram;
- PeerTube parécese a Youtube;
- Friendica é similar a Facebook;
- FunkWhale aseméllase Soundcloud;
- Write.as e Plume son plataformas de blogging;
- Hubzilla é unha poderosa plataforma multi-functional.
E hai máis...
Todas estas, como Mastodon, non ten un único servidor central senon unha “Galaxia” de moitas instancias. Non hai unha instancia “principal” ou “oficial” de Friendica, podes elixir entre diferentes instancias de Pixelfed...
Ten en conta que o que en Mastodon chámase Instancia, noutras plataformas pode ter un nome diferente (por exemplo, en Hubzilla denomínase un “Hub”).
E todas estas plataformas (“Galaxias”) interactúan entre elas, formando o Fediverso.
Que significa iso? Imaxina que poderas de xeito nativo ler estados de Facebook en Twitter, ou darlle “agrádame” e comentar un vídeo de YouTube usando a túa conta de Tumblr.
Iso é o que o fediverso é! Tes unha conta en Pixelfed? Vale, non uso Pixelfed pero podo seguirte dende Mastodon! A unha amiga miña non lle gusta Mastodon pero prefire algo máis similar a Facebook como Friendica? Non hai problema: pode seguirme dende Friendica e podemos conversar e interactuar, dende a plataforma que preferimos.
Tamén lembra que todo o Fediverso é un traballo en progreso innovador onde non todo funciona perfectamente todavía e algúns axustes pola túa banda poden ser necesarios. Algunhas cousas probablemente funcionen diferente do que esperas e as desenvolvedoras non teñan tempo ou interés en implementar cousas que tí ves como unha prioridade.
Descentralizada e federada
A maioría de redes sociais comerciales son redes centralizadas. Iso significa que todo nelas é mantido e controlado por unha soa autoridade, normalmente a compañía dona desa plataforma.
Se queres interactuar cunha usuaria de Twitter, por exemplo, podes facelo só rexistrándote en Twitter.com e aceptando seguir os termos e condicións de Twitter.
Mastodon é unha galaxia de redes descentralizadas e independentes chamadas instancias, e cada unha ten a súa propia páxina web, política e comunidade.
Pero Mastodon tamén é federado! Iso significa que todas estas redes poden (pero non están obligadas a) interactuar con outras.
Cómo funciona a federación (teoría)
Unha nova instancia non está federada con ninguna outra instancia, así que as súas usuarias só poden interactuar inicialmente con outras usuarias da mesma instancia.
Unha vez creas unha conexión con alguén noutra instancia, ou alguén noutra instancia crea unha conexión con alguén da túa instancia (veremos máis tade como), todas as usuarias da túa instancia pode empezar a interactuar con esa usuaria.
A usuaria doutra instancia promoverá e interactuará con publicacións doutras usuarias da súa instancia e tamén outras instancias que estén en conexión con estas. Toda a xente na túa instancia pode ver esas interaccións e participar nelas. Facendo iso, o número de conexións comezará a crecer (iso é o que significa federación).
Cada usuaria dunha instancia pode crear unha nova conexión con novas instancias.
Por tanto, canto máis interactúes con xente noutras instancias, o máis crecerá a rede da túa instancia e formará parte dunha xigantesca rede federada formada por moitas instancias. A túa rede federada probablemente nunca cubra toda a galaxia Mastodon pero só unha parte desta. Canto dependerá de tí. Con canta máis xente doutras instancias conectes, máis grande será a túa rede.
Se un día a túa instancia decide terminar a interacción con certa outra instancia bloqueándoa, todas as túas conexións con outras instancias seguirán e outras instancias poderán continuar interactuando coa instancia que está bloqueada pola túa instancia.
Nota que algunhas instancias terminan creando unha rede diferente e “paralela”. Isto pode ocorrer porque esas instancias estén bloqueadas por moitas instancias na túa rede ou porque as conexións non existan (aínda). Elas tamén están en Mastodon, pero nunha parte totalmente diferente da galaxia. Moi moi lonxe, non son parte da túa rede federada pero membros dunha rede autónoma e independente.
Tamén ten en conta que os mesmos conceptos aplican a toads as plataformas do Fediverso! A túa instancia non está limitada a conectar con outras instancias Mastodon, podes conectar a túa instancai con xente en Pleroma, Friendica, Pixelfed, Peertube e mais. Cómo de grande a túa vista do Fediverso pode ser depende de tí! 😉
Cómo funciona a federación (práctica)
Como podes crear unha conexión con xente que non coñeces en instancias que nadie na túa rede coñeceu antes?
Iso é un pouco complicado e funciona exactamente como na realidade: explorando, indo a lugares novos, buscando cousas novas e tendo experiencias diferentes.
En redes comerciais centralizadas todo ocorre dentro: por deseño buscas cousas sen sair da plataforma e estando dentro das súas portas.
Aquí é diferente: a túa federación non crecerá moito se quedas dentro das fronteiras da túa rede. Tes que sair de Mastodon, ler blogs, revistas, crear unha nova conta nunha instancia diferente, navegar outras redes e foros, ter interaccións na vida real para atopar instancias novas e totalmente descoñecidas á túa rede! Hai páxinas web dedicadas a descubrir novas Instancias. Só as exploradoras ampliarán a súa federación. Tamén lembra que cada porta pechada é mala para a túa mente: Mastodon non é un xardín valado do que existe fora de Mastodon por sí mesmo.
Dito iso, como viste no anterior capítulo, as conexións son fáciles de facer e aínda que o fediverso é enorme, unha Instancia nunca estará illada e descoñecida se quere interactuar con outras.
Cando ves certo contido que queres incluír na túa rede (por exemplo unha conta ou publicación doutra plataforma federada que use ActivityPub, o protocolo de comunicación compartido por todas as plataformas do Fediverso), corta e pega a URL ou dirección da conta na caixa de busca da túa instancia. Isto creará unha nova conexión, e poderás promover ou seguir esa conta. Iso é todo!
Este proceso pode cambiar lixeiramente dependendo de si accedes a Mastodon directamente dende o sitio web da túa instancia ou dende unha App. Tamén pode ser un pouco diferente noutras plataformas do Fediverso.
Algunhas plataformas teñen botóns especiais para axudarte nese proceso. Un deses é PeerTube.
Se atopas un vídeo de PeerTube que queres compartir en Mastodon, podes clicar no botón “compartir”:
Isto abrirá unha ventá emerxente onde podes fácilmente copiar a URL do vídeo clicando no botón “copiar”:
Ve a túa Instancia e pega a URL na caixa de busca. O vídeo aparecerá en Mastodon e ahí podes darlle “agrádame”, comentar ou promovelo.
Doutra forma, se só queres seguir a esa usuaria, en PeerTube podes clicar no botón “Suscribirse”:
Isto abrirá unha ventá emerxente que pedirá a túa conta de Mastodon:
Tras iniciar sesión na túa Instancia, podes pulsar no botón “seguir”:
Iso é todo! agora podes ir á túa páxina de Mastodon ou pechar a ventá e volver a PeerTube: